xoves, 24 nov 2005
A alcaldesa Corina Porro e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinaron hoxe xoves convenios de colaboración con 14 clubes deportivos de categoría nacional da cidade, que participan en competicións federadas, por importe de 256.500 euros.
martes, 22 nov 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe martes o X Torneo Internacional de Judo "Cidade de Vigo", que se desputará no Pavillón de Coia o próximo sábado 26 de novembro.
venres, 18 nov 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres o campionato de surf "Dakine Big Wave Day", que se desputará con data aberta entre o 20 de novembro e o 31 de xaneiro. Surfistas galegos, portugueses, asturianos, cántabros, vascos e franceses daranse cita, entre Toralla e Cabo Estai, coa "onda máis grande".
xoves, 17 nov 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou a VI Trofeo Cidade de Vigo de Karate que se celebrará o próximo sábado día 19 ás 17:30 horas no pavillón central de As Travesas e que organiza a agrupación deportiva Zanshin .
xoves, 10 nov 2005
A goleta Amorina levará abordo o venres, día 11, a representantes do comercio, o turismo e o deporte da cidade a unha visita guiada pola Ría de Vigo xunto á Concelleira de Comercio, Turismo e Deportes, Lucía Molares.
mércores, 9 nov 2005
A alcaldesa, Corina Porro, inaugurou hoxe mércores o "Village", un centro de actividades situado na Estación Marítima co gallo da Volvo Ocean Race. O "Village" acolle as carpas do Concello, da Xunta e de patrocinadores do evento, erixíndose no seu referente comercial e informativo para vigueses e visitantes.
martes, 8 nov 2005
A bahía de Bouzas converterase na noite do venres día 11 nun grande auditorio co espectáculo audiovisual "A festa do mar". Este evento, no cal actuará como figura central o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, será o punto culminante das celebracións previas á saída da Volvo Ocean Race.
xoves, 3 nov 2005
O Auditorio Municipal será o escenario do sorteo da Lotería Nacional do sábado 5 de novembro. Loterías e Apostas do Estado apoia a Vigo con este evento, dándolle notoriedade xusto unha semana antes da saída do noso porto da Volvo Ocean Race.
venres, 28 out 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres o novo patrocinador do Real Club Celta de fútbol sala, o Grupo Cometal, unha empresa con sede no polígono industrial de Silleda.
xoves, 13 out 2005
A Comisión de Seguimento de VIGO5 reuniuse hoxe xoves para determinar unha serie de actuacións coordinadas de cara á saída da Volta ao Mundo de Vela, que terá lugar o próximo 12 de novembro.