venres, 12 ago 2005
As primeiras embarcacións que disputarán entre o 13 e o 15 de agosto o Campionato do Mundo GP Boats-ING Real Estate Development xa están ocupando a zona de boxes na dársena de Bouzas.
xoves, 11 ago 2005
Entre o 13 e o 20 de agosto o Club de Campo de Vigo albergará este torneo clásico e puntuable para a clasificación da ATP. Campións como Santana, Orantes ou Rafa Nadal figuran no palmarés do trofeo vigués.
xoves, 11 ago 2005
Esta mañá presentouse nas instalacións de Marina Davila Sport o Campionato do Mundo Boat GP-ING Real Estate Development, que se celebrará en Vigo entre o 13 e o 15 de agosto.
mércores, 10 ago 2005
A concelleira Lucía Molares acudiu á presentación oficial no Marina de Davila Sport. O promotor do mundial, o vigués José Luis del Palacio, recoñeceu que loitou moito por traer esta proba a Vigo.
martes, 9 ago 2005
A ría de Vigo comeza a prepararse para un dos acontecementos náuticos do verán, o Campionato do Mundo Boat GP-ING Real Estate. Entre os equipos que van achegándose á cidade, o noruegués Stromoy, que está formado só por mulleres.
luns, 8 ago 2005
José Luis Blas, José Luis Rolo e Javier Pitillas, axentes da Policía Local de Vigo, veñen de participar no Campionato de España de Veteranos de Atletismo en Pista, disputados na localidade malagueña de Torremolinos, con bos resultados.
luns, 8 ago 2005
Vigo albergará as probas correspondentes ao Campionato do Mundo de Boat GP e o Campionato Europeo, que será o Gran Premio Cidade de Vigo.
venres, 5 ago 2005
O catalogado como mellor equipo do mundo porá a proba ao equipo vigués na V edición do trofeo de verán que se está a converter nun dos máis prestixiosos da pretemporada.
venres, 5 ago 2005
A alcaldesa, Corina Porro, mantivo unha reunión con Paco Araújo, directivo do equipo de baloncesto Celta Vigo Urban, na que este lle expuxo os resultados deportivos obtidos na pasada temporada nas súas distintas categorías, así como as expectativas para a que vén.
venres, 5 ago 2005
A dársena de Bouzas acollerá entre o 13 e o 15 de agosto a segunda proba do Mundial 2005 de GP Boats.