Sete días para dar a volta a Vigo en bicicleta
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou este venres a "Volta a Vigo en bicicleta en sete días", que se desenvolverá do 20 ao 24 e o 27 e 28 de agosto como actividade previa á saída da Vuelta Ciclista a España, que terá lugar na nosa cidade o sábado 1 de setembro.
Para cada un dos sete días da "Volta a Vigo", as concellerías de Turismo e Deportes programaron senllas rutas de entre 15 e 30 kilómetros para que os participantes, que deben ser maiores de 10 anos, coñezan mellor diferentes aspectos da cidade. Así, o día 20 o percorrido levará os ciclistas polas praias de Vigo; o día 21, polos miradoiros naturais urbanos e os parques, e o 22, polos portos. A xornada do 23 de agosto inclúe visitas aos parques naturais dos Pozos, Alba, Beade, Vixiador e A Madroa; a do 24 convida os participantes a visitar os museos da cidade, e a do 27, os mercados.
A "Volta a Vigo" chegará á súa fin o día 28 cunha "viaxe ao encontro da historia de Vigo", en torno a un triángulo con tres vértices moi definidos: a praza de Compostela, a praza do Berbés e a praza da Constitución. Nestes espazos concentraranse as actividades da gala final coa que rematará a "Volta a Vigo". As actividades da gala serán as seguintes:
Praza de Compostela
11.00 Concentración
11.00-14.00 Paseos no contorno da praza. Xincanas e xira en bicicleta polo Casco Vello
11.00-14.00 Stand-exposición do Karpin Galicia e sinatura de pósters e autógrafos por parte de ciclistas do equipo profesional galego
14.00-15.30 Comida
Praza do Berbés
15.30-16.30 Exhibición free style a cargo de Daniel Fuentes, subcampión de España, e leccións prácticas sobre esta modalidade para os nenos e nenas
16.30-18.00 Cronoescalada desde a praza do Berbés á praza da Constitución, con presenza de ex ciclistas
Praza da Constitución
12.00-20.00 Exposición de láminas: a bicicleta no mundo
16.30-18.00 Chegada dos participantes na cronoescalada
18.00-18.30 Actuación de grupo de baile galego
18.30-19.30 Concurso de bicicletas e disfraces de época
19.30-20.00 Entrega de premios e sorteo de agasallos
20.00 Clausura
Segundo explicou Santiago Domínguez, con estas actividades o Concello quere promocionar Vigo aproveitando a celebración dun espectáculo deportivo como é a saída da Vuelta Ciclista a España, potenciando, ao mesmo tempo, o deporte base.
O tenente de alcalde estivo acompañado na presentación destas actividades polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e os ciclistas Eduardo Chozas, Óscar Pereiro e Tony Rominger.
Descargar todas as imaxes