Escoitar

Chus Lago anuncia "tolerancia cero" para os vertidos ao Lagares

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo este martes un percorrido polo río Lagares para valorar o seu estado en aspectos como o da súa desratización e a localización de vertidos.

martes, 14 ago 2007
1187088442lagares.jpg
Chus Lago acompañou a brigada de desratización que realiza actualmente o seu traballo no Lagares aproveitando a diminución do seu caudal durante os meses do verán. Durante o percorrido, a concelleira anunciou que establecerá a "tolerancia cero" para os vertidos no río, e que a tal fin o Concello traballará conxuntamente con Augas de Galicia para localizalos e taponalos. Outra parte deste labor de conservación do Lagares é a das obras que está realizando Aqualia para rematar cos vertidos procedentes de colectores veciñais, traballos que se finalizarán en xuño de 2008.
Descargar todas as imaxes