Escoitar

Comeza o Revoltallo cun desfile de moda inaugural<br />

O Festival Revoltallo, que se celebra no monte Alba, chega a súa XIV edición e comeza este luns 13 de agosto cun desfile de moda inaugural. Os que queran difrutar da música en vivo terán que esperar aínda un día máis, xa que as actuacións no comezarán ata o martes día 14 de agosto.

luns, 13 ago 2007
1186999387cartelrevoltallo2007.jpg
Dende fai xa máis de trece anos o Revoltallo de Música Emerxente é unha cita obrigada para moitos xoves de toda a comunidade. Con este, o décimo carto aniversario, segue a ser o festival máis antigo e de maior duración de toda Galicia, levando a cabo unha semana de concertos ó aire libre, onde os asistentes poden disfrutar de cada un dos grupos participantes en cada edición e de forma totalmente gratuíta.

Este festival traerá a potentes e variados grupos ao monte Alba durante unha semana, sen embargo, para disfrutar da súa música haberá que esperar até mañá, xa que o único acto previsto para hoxe é un divertido desfile de moda inaugural ás 21:00 h. Nese desfile participarán diversas tendas de ropa como Caramella, Novalvos, The box, Westpeak, Pretty Novias, Questions, aa floristería BF e o centro de peluquería e beleza Romina Pazos.

Esta edición contará tamén coa participación de diversos grupos como poden ser os vigueses Catpeople, os alemáns Neaera, Forever it shall be e Suidakra, os ingleses Hecate Enthroned, o alemán DJ Sash e, para pechar o festival, Siniestro Total o domingo 19 de agosto, sen esquecernos do Plug & Play, unha oportunidade para os grupos noveis da localidade que queran ser estrelas por unha noite, que terá lugar mañá ás 20:00 horas.

Ademáis de adicarse á música, actividade principal do Revoltallo, tamén contan coa colaboración desinteresada de outras organizacións, xuvenís ou non, grazas ás cales poden facer as coñecidas Actividades Paralelas e non menos importantes como son o XIII Torneo Revoltallo de Magic, o VI Torneo de Rol en Vivo, o X Ciberrevoltallo, o IX Torneo de Espadas Revoltallo e a Exhibición de Capoeira.

O Revoltallo, ten unha importancia social engadida xa que xurde dun colectivo de xente nova como é a Xuntanza Xuvenil, unha organización sen ánimo de lucro vinculada o C.V.C. de Valladares, que fan moitos esforzos cada ano para que o Revoltallo sega a ser un referente musical.

Descargar todas as imaxes