O Concello subvencionará as actividades de Agarimo en 2008
O Concello subvencionará cunha achega anual de 13.000 euros as actividades da Asociación de Amas de Casa Agarimo durante 2008, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, despois da reunión que mantivo este venres no seu despacho con representantes deste colectivo.
Segundo explicou Caballero, a axuda do Concello servirá para que Agarimo continúe desenvolvendo un amplo conxunto de actividades, desde conferencias ata iniciativas de sensibilización sobre hábitos de consumo, nas que cada ano participan "centos de amas de casa".
Por outra parte, durante o encontro deste venres en Alcaldía, Abel Caballero propúxolle a Agarimo que comece a traballar conxuntamente co Concello para potenciar a área municipal de consumo, actualmente "pouco utilizada". Neste sentido, Caballero indicou que a concelleira, Chus Lago, "xa ten instrucións" para "revitalizala e potenciala". Unha das posibles actuacións nesta materia sería a organización dun congreso de Sanidade e Consumo en Vigo, evento cuxa celebración Caballero suxeriu aos representantes de Agarimo.
Descargar todas as imaxes