A concelleira de Xuventude visita o campamento urbano "Érase unha vez... Vigo"
"Coñecer a historia da cidade de Vigo, así como os seus lugares máis representativos" son os obxectivos fundamentais do campamento urbano "Érase unha vez... Vigo", que se está a levar a cabo dende o día 30 de xullo, segundo explicou este xoves a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, durante a visita que realizou aos rapaces participantes.
Con esta iniciativa, os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos teñen a oportunidade de coñecer distintas épocas históricas da cidade e percorrer diferentes zonas relacionadas con elas, pero tendo como base o Pavillón das Travesas. Neste sentido, as actividades do xoves, que tiveron lugar na praza da Miñoca, estiveron centradas na celebración do Día das Letras Galegas e a publicación en Vigo, no ano 1863, da obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos".
En "Érase unha vez... Vigo" participan arredor de 450 rapaces distribuídos en quendas de mañá e tarde e atendidos por 70 animadores e animadoras. Trátase dun campamento urbano promovido pola Concellería de Xuventude de Vigo e desenvolvido polo Centro Xuvenil Abertal para que os pequenos redescubran a cidade e as súas posibilidades e servizos a través dos xogos. Ademais, con esta iniciativa quérese que que os nenos coñezan alternativas de lecer que poidan seguir realizando durante todo o ano e que sexan os verdadeiros protagonistas das actividades e descubran valores de convivencia, solidariedade, paz e a amizade. Todo isto acompañado do fomento da cultura e da lingua galegas.