Escoitar

"O Faro", obra protagonista na noite do mércores na Praza do Rei

Este mércores, a partir das 23:00 horas, a Praza do Rei convertirase, unha vez máis, nun ecenario para o teatro cunha nova entrega da Mostra de Teatro Vigués, "O Faro", da compañía Fulano, Mengano e Citano.

mércores, 8 ago 2007
1186570861fotofulanocitanoemengano080807.jpg
No ano 1994 fúndase, en Vigo, a compañía "Fulano e Mengano", integrada polos actores, X. Manuel Conde e Manuel Botana. Ese mesmo ano estrean a obra escrita, dirixida e interpretada pola propia compañía. No ano 1995 incorpórase Manuel Pombal, co-fundador do desaparecido grupo de teatro Artello, e a compañía pasa a chamarse "Fulano Mengano e Citano". No ano seguinte, estrean a obra "Cheiro de Estrelas I", no 1997 "Cheiro de estrelas II" que debido á aceptación do público aínda hoxe continúa en cartel. En 2003 presentan "Shsss...Calma!!!", e finalmente no 2005 ten a súa estrea "O Faro", que ten prevista unha xira de 42 representacións.

Os tres membros do grupo teatral, seguindo o método de creación colectiva mantido dende a súa creación, participan en todo o proceso de elaboración de cada montaxe, dende a idea orixinal ata a posta en escea, pasando pola creación do texto, dramaturxia, interpretación, dirección, ademais do deseño de iluminación, vestiario e escenografía.

"O Faro" é unha obra ambientada nun escenario do máis marítimo, onde Enrique é un fareiro que ten que estar ausente uns días do seu traballo e deixa o seu posto a un substituto que nunca antes vira un faro.

A obra vai ser representada polos integrantes da propia compañía, X. Manuel Conde, Manuel Botana e Manuel Pombal. A entrada será gratuíta e arepresentación terá lugar no Auditorio Municipal no caso de mal tempo.
Descargar todas as imaxes