Escoitar

O Plan de Emigración dará resposta a máis de 12.000 inmigrantes residentes en Vigo<br />

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves no Concello o Plan de Emigración. Esta iniciativa está composta por unha serie de programas específicos para dar resposta aos problemas dos inmigrantes e traballar para unha máis rápida integración.<br />

xoves, 9 ago 2007
1186662136emigracion090807.jpg
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, tras recabar información acerca das demandas e necesidades dos inmigrantes residentes na nosa cidade, pon en marcha o Plan de Emigración, que pretende dar resposta aos seus problemas e seguir traballando para unha maior integración na sociedade.

Neste sentido, a Secretaría Xeral de Emigración, que ten convocado o Plan de Acollida, dividido en Plan de Acollida Xeral, para a subvención de alimentos, e Plan de Acollida Específica, que recolle programas específicos para os colectivos de inmigrantes, transferirá, en forma de subvención ao Concello, axudas para favorecer a súa adaptación e fomentar actitudes de respeto cara a estes colectivos co fin de mellorar a súa integración.

A Oficina de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados de Vigo, con sede na rúa Elduayen de Vigo, é a encargada de atender as demandas dos inmigrantes residentes na cidade. En Vigo hai cerca de 12.000 inmigrantes empadroados, aínda que se calcula que a realidade é que xa vivan nela preto de 17.000. Ata o de agora traballaban nesa oficina tres persoas, unha traballadora social, unha psicóloga e unha avogada, pero co Plan de Acollida poden contar coa axuda doutra traballadora social e dunha avogada.

Os programas que co novo Plan de Emigración se queren pór en marcha son: un Programa de Educación, que recollerá, entre outras cousas, cursos de español e programas interculturais; O Programa de Emprego, que xa está en marcha e traballa para un asesoramento laboral específico; o Programa de Vivenda, para facilitar o acceso a unha vivenda mediante programas de avais e axudas económicas; o Programa de Servizos Sociais, para reforzar o número de traballadores, entre outras finalidades; e o Programa da Muller, para a súa integración en diferentes espazos da sociedade e tamén para axudar ás mulleres prostituídas.

Por outra banda, María Méndez salientou que a partir do mes de outubro ou novembro se fará realidade o Consello Municipal da Inmigración, unha iniciativa mediante a cal as asociacións de emigrantes poderán dar a súa opinión para que sexa tomada en conta, a pesar de que non é un órgano executivo.
Descargar todas as imaxes