Escoitar

A Festa do Polbo de Valladares celebra a súa XVIII edición<br />

O concelleiro de Cultura, Xesús López, presentou este venres a XVIII edición da Festa do Polbo de Valladares, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de agosto, a partir das 11:00 horas no Parque Forestal Monte dos Pozos.

venres, 10 ago 2007
1186745638festadopolbo100807.jpg
O concelleiro de Cultura, Xesús López, presentou este venres no Concello o que vén sendo a recta final das Festas do Cristo da Victoria 2007. Unhas festas longas que engloban todo tipo de actividades: música, cine, fotografía, teatro, actividades infantís e, como non, gastronomía. A Festa do Polbo, que este ano celebra a súa XVIII edición, será a encargada de clausurar as actividades gastronómicas das festas de Vigo. Simultáneamente a esta popular festa celébranse as Festas do Socio e a do Veciño, que festexan as edicións 26ª e 19ª, respectivamente.

O presidente do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Gregorio Álvarez, presentou o programa desta tradicional festa que arrincará ás 11:00 horas cun pasarúas, diante das portas do Centro Cultural, a cargo da charanga "Vaite xa!" de Valladares. A partir das 11:15, xa no Monte dos Pozos, actuarán o grupo folclórico infantil "Ledicias", do C.V.C. de Valladares, acompañados, como sempre, polo grupo de gaitas "Arturuxo". Ás 11:45 haberá unha intervención especial do "Rancho Folclórico de Fortíos", de Portugal, e ás 12:00 comezará a funcionar os parque infantil de diversións, "Logolandia", no que haberá pista de obstáculos, tobogán xigante, inchables, etc. Xa a 13:00 horas comezarán a chegar as autoridades, que media hora despois escoitarán, con todos os asistentes á festa, a actuación da Banda de Música "Unión Musical de Valladares".

Tras o xantar, amenizado coa charanga "Vaite Xa!", porase en marcha, de novo, o parque "Lagolandia" e, a partir das 17:00 horas, actuarán o grupo de animación infantil "Troula" , o grupo de teatro "Escoitade", do C.V.C. de Valladares, e a banda de gaitas "Manxadoira". Haberá tamén unha mostra de Tai Chi e unha actuación do grupo de baile moderno "As Sereas", do C.V.C. de Valladares.

Ás 20:15 rematarán as actividades especialmente dedicadas aos máis cativos coa Festa da Escuma, onde pequenos e maiores poderán dar un auténtico baño escumoso. Despoís desta refrescante actividade, alá polas 21:45 horas, porase o "broche de ouro" cun particular fin de festa, onde contarán coa intervención especial da "Unión Musical de Valladares".

A diferencia desta XVIII edición da Festa do Polvo con referencia aos anos anteriores é que non haberá sardiñas. Isto é debido a unha nova normativa que lles prohíbe facelas no Parque Forestal. Por outra banda, calcúlase que o nivel de asistencia, a pesar de ser itinerante, ao Monte dos Pozos será dunhas 4.000 persoas e que se repartirán ao redor de 900 racións de polbo.
Descargar todas as imaxes