O tenente de alcalde comprométese a aumentar o persoal técnico especializado da Casa Galega de Cultura
Aumentar o persoal técnico especializado da Casa Galega da Cultura na oferta de emprego público de 2008 é un dos compromisos manifestados polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, tras a xuntanza que mantivo con Francisco Fernández del Riego nas instalacións da biblioteca que leva o seu nome.
"É necesario rematar co esquecemento que ten vivido un home ao que Vigo lle debe moitísimo", sinalou o tenente de alcalde tras a xuntanza, ao considerar que a cidade non ten correspondido axeitadamente á xenerosidade amosada por Fernández del Riego coa doazón dun fondo de obras propias e de grandes artistas do panorama cultural galego do século XX. Esta doazón inclúe 30.000 exemplares, así como material de incalculable valor aínda sen catalogar.
Con esta xuntanza, Santi Domínguez quixo coñecer "de primeira man" as necesidades que presentan as instalacións, entre as que se atopa a dixitalización de boa parte dos fondos, así como a popularización e a difusión de todo o material que integra a colección. Neste sentido, manifestou a súa intención de que a Casa Galega da Cultura conte con dous arquiveiros e dous técnicos de biblioteca a partir da oferta de emprego público do ano 2008. Ademais, Domínguez expresou a súa vontade de que se inicien os traballos de popularización deste arquivo para que os vigueses e as viguesas poidan coñecer "estes tesouros".
Ao respecto, Fernández del Riego valorou "moi positivamente" a xuntanza e afirmou que Vigo "merece este agasallo" porque foi a cidade na que "me formei e vivín despois da Guerra Civil". Na súa intevención tamén lembrou o feito de que outras cidades lle teñen ofrecido mellores condicións para expor a súa colección, pero neste sentido asegurou que se negou porque se sente "identificado coa xente e a cidade de Vigo".