O Verbum ofrece actividades multidisciplinares para acompañar os solpores de agosto
O Museo Verbum-Casa das Palabras ofrece durante o mes de agoto o proxecto artístico e cultural "Martes no Solpor", que mediante a palabra une distintas disciplinas e formas de expresión como a música, a danza, o cine e a poesía, convertendo a azotea do museo, durante o solpor, nun escenario multicultural e multidisciplinar.
Tras o éxito da primeira edición ("Arte na Azotea", en xullo de 2006) en canto a afluencia, aceptación do público asistente e satisfacción dos artistas que participaron, o museo Verbum-Casa das Palabras quere consolidarse con "Martes no Solpor" como un referente artístico e cultural tamén nos meses de verán.
Dentro desta iniciativa, o Verbum ofrece este martes 14, a partir das 21.00 horas, a actividade "Os latexos da arte (Verbum Lounge Session)", unha recreación das coñecidas sesións ibicencas con música en directo e ambiente lounge, contemplando o solpor. A sesión correrá a cargo de DJ Ino, artista presente nos máis prestixiosos festivais de música electrónica a nivel mundial (Sónar, Creamfield, Monegros…).
A velada continuará a partir das 23.00 horas da man de Lili Films e Paula Prieto, coa súa "Viaxe a un mundo doméstico", un espectáculo multidisciplinar baseado no mítico soporte do Super 8. Calidade, sorpresa, nostalxia, humor, proxeccións, performance e documental reunidos nun dos espectáculos alternativos de maior orixinalidade que se poden ver en Galicia.
Os "Martes no Solpor" volverán o 21 de agosto ás 21.00 horas, coa lectura de poemas de Fernando Pessoa a cargo da actriz Uxía Blanco, acompañada pola música do ISGA Collective, e o día 28, tamén ás 21.00 horas, cunha mestura de música tradicional galega e portuguesa coa modernidade, na que participarán artistas como Ugia Pedreira e Mónica de Nut.
O prezo de cada sesión de "Martes no Solpor" é de 3 euros. Hai abonos para todo o ciclo por 6 euros.
Descargar todas as imaxes