martes, 8 mar 2005
O Concello de Vigo, a través da concellería de Deportes, Faro de Vigo e Caixanova organizan a "6ª Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca", que se celebrará o próximo día 1 de abril ás 20,30 horas no Centro Cultural Caixanova.<br />
venres, 4 mar 2005
A proba terá lugar os días 13, 14 e 15 de agosto e contará cunha importante representación internacional.
luns, 21 feb 2005
Vigo será este verán a cidade con mais proxección no mundo dos deportes acuáticos. Á saída da copa do mundo de vela únese agora unha das probas puntuables para o campionato do mundo de motonáutica, unha serie de carreiras de grande vistosidade que terán lugar os días 13, 14 e 15 de agosto.
xoves, 10 feb 2005
A asociación San Francisco acadou un total de cinco medallas na última edición destes xogos deportivos para diminuídos intelectuais celebrada en Sevilla.
mércores, 9 feb 2005
A xornada de inauguración da Copa do Mundo de Saltos contará con multitude de xogos e actuacións relacionados co mundo ecuestre, como un Grand National infantil ou un espectáculo de acrobacias a cabalo.
venres, 4 feb 2005
A Copa do Mundo disputarase entre o 10 e o 13 de febreiro, terá lugar no Ifevi e contará con catro dos dez mellores saltadores do mundo.
mércores, 26 xan 2005
O Comité de Dirección da Saída da Volta ao Mundo de Vela reuniuse este mediodía no Concello de Vigo co gallo da posta en marcha do reloxo que marcará a conta atrás do comezo da Volvo Ocean Race.
mércores, 26 xan 2005
O tempo que resta para a saída da Volvo Ocean Race irá caendo, segundo a segundo, no cronómetro instalado na explanada dos xardíns de Elduayen, fronte ao Náutico, e que foi inaugurado hoxe polo presidente da Xunta, Manuel Fraga.
martes, 11 xan 2005
Abrirá un prazo extraordinario entre o 10 e o 26 de xaneiro en todas as modalidades deportivas.
martes, 11 xan 2005
A directiva da Asociación de Olímpicos solicitoulle á alcaldesa a creación dun monumento aos olímpicos e paralímpicos galegos na cidade.