Escoitar

O Díptico Ciclista Internacional de Galicia disputarase en Vigo o vindeiro fin de semana<br />

O Díptico Ciclista Internacional terá lugar no contorno metropolitano da cidade de Vigo os días 25 e 26 de agosto, reunindo o IV Gran Premio Área Metropolitana e o XXXIV Gran Premio Cidade de Vigo.

mércores, 22 ago 2007
1187783640diptico220807.jpg
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e o presidente do Club Ciclista de Vigo, Carlos Vidal, presentaron este mércores o Díptico Ciclista Internacional de Galicia, un evento considerado xa tradiacional na nosa cidade e unha proba moi consolidada que ten todos os elementos para ser un grande espectáculo deportivo.

Na proba participarán 124 corredores de varios países europeos, na súa maioría de España e Portugal, cun alto nivel deportivo, polo que este evento pode ser un escaparate para os novos valores do ciclismo nacional. Cada unha das dúas probas do Díptico disputarase independentemente, pero ao final establecerase unha clasificación por equipos sobre o conxunto das dúas probas, que establecerá a formación vencedora do Díptico, así como o ciclista máis rendible. Para ambas as clasificacións terase en conta a puntuación obtida tanto nos portos de montaña, sprints especiais e metas voantes, así como os postos e tempos obtidos na meta.

O IV Gran Premio Área Metropolitana disputarase o sábado 25 de agosto cun itinerario de 141,2 kilómetros, con saída e chegada en Vigo e paso por lugares como Arcade, Pontearaeas, As Neves e Nigrán.

O XXXIV Gran Premio Cidade de Vigo será o domingo 26 de agosto. Consistirá nun circuíto de 11,5 kilómetros ao que os corredores deberán dar 10 voltas. O punto de partida e de chegada situarase na avenida de Castelao e o percorrido inclúe a avenida Europa e o Segundo Cinto.
Descargar todas as imaxes