Escoitar

Caballero reúnese co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia<br />

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este martes con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos para unha "presentación formal" da nova Xunta do Colexio, na sección de Vigo.

martes, 21 ago 2007
1187694812colexiosdearquitectos210807.jpg
Finalizadado o encontro, Caballero salientou os principais temas nos que a colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos é necesaria e primordial. A creación dunha plataforma de colaboración en materia de urbanismo coa opinión de arquitectos, economistas, sociólogos e humanistas, entre outros, é unha das primeiras medidas que o Concello quere adoptar para que os proxectos, en relación a esta materia, estean avalados por expertos.

Por outra banda, o alcalde amosou o seu desexo de colaborar co Colexio de Arquitectos en materia de tecnoloxía informática, para poder darlle saída á iniciativa dos visados informáticos e ser, neste ámbito, os pioneiros en España. Ademáis, o concello contará coa colaboración desta entidade no Plan de Ordenación Municipal para unha garantía absoluta da súa legalidade.

Abel Caballero tamén quere contar coa presenza do Colexio de Arquitectos para o mantemento da riqueza urbanística da cidade, xa que é unha parte clave da súa conformación, e para iso manterán unha relación estable e fluída.
Descargar todas as imaxes