64 equipos participarán no IV Encontro Nacional de Petanca Concello de Vigo

mércores, 18 ago 2004

A praia de O Vao acollerá por carto ano consecutivo o Encontro Nacional de Petanca Concello de Vigo que terá lugar o sábado 21 e o 22 de agosto. No torneo estarán presentes as seleccións españolas feminina e xuvenil, vixentes campións do mundo e de Europa que medirán as súas forzas contra os 19 equipos galegos, a maioría de eles de Vigo.

A praia de Samil encherase de neve o sábado en pleno mes de agosto

mércores, 18 ago 2004

Os días 21 e 22 de agosto celebrarase en Vigo o xa tradicional Open de Skateboarding "O Marisquiño", organizado pola tenda Westpeak e Sugema Medios Especiales. Un evento que contará este ano cunha exhibición de "Snowboard" no parking anexo á praia co obxecto de crear un precedente na comunidade para chegar a acoller o vindeiro ano unha proba oficial do Campionato do Mundo.

A praia de O Vao acollerá as competicións de tenis praia, rugbie praia, cachibol, "ultimate" e "koorfball" no mes de agosto

mércores, 28 xul 2004

As intalacións deportivas "VigoArea", situadas na praia de O Vao, acollerán durante a primeira quincena do mes de agosto diferentes modalidades deportivas que veñen a completar o programa do Verán Xove 2004. As novidades máis salientables correrán a cargo do "cachibol", para maiores de 55 anos, e os importados "ultimate" e "koorfball".