Escoitar

Santi Domínguez recibiu do director de Unipublic o spot da Vuelta 2007 que sairá de Vigo

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibiu hoxe xoves do director xeral de Unipublic, Ignacio Ayuso, o spot promocional da Vuelta Ciclista a España, que sairá de Vigo o vindeiro 1 de setembro, e que foi realizado na súa meirande parte na nosa cidade. Ayuso quixo entregar persoalmente o video a Santi Domínguez porque foi con el co que negociara no seu día a saída da Vuelta desde Galiza cando era director xeral para o Deporte da Xunta.

xoves, 12 xul 2007
1184244695vueltasanti.jpg
No video promocional participan entre outros Óscar Pereiro e nel se amosan varias localizacións da cidade. Santi Domínguez salientou a importancia que para a proxección da cidade vai ter este spot, que dende mañá emitirase por televisión.

O acto desenvolveuse no transcurso da sinatura do convenio entre a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Unipublic, para a organización da Vuelta 2007 e no que se presentaron tamén as etapas galegas. Estiveron presentes os representantes dos catro concellos galegos que son punto de saída ou chegada de etapa.

O tenente de alcalde explicou que "para Vigo é unha honra e unha gran satisfacción acoller a carreira polo que significa para a cidade tanto a nivel económico, como turístico".

A Vuelta 2007 iniciarase cunha etapa Vigo-Vigo o 1 de setembro. O día anterior, 31 de agosto, celebrarase a presentación oficial da proba no auditorio de Castrelos.
Descargar todas as imaxes