Escoitar

Á venda todas as entradas para os concertos de verán en Castrelos

Xa está á venda todas as entradas para os concertos no Auditorio de Castrelos das Festas do Cristo da Victoria de Vigo. Poden mercarse anticipadamente na web de Caixanova, www.caixanova.es, ou na Taquilla Telefónica da caixa galega, chamando aos teléfonos 986 11 05 00 e 902 504 500.

mércores, 11 xul 2007
1184154936cartelfestas.jpg
Até o de agora só estaban dispoñibles as do concerto dos Artcic Monkeys, que actuarán o xoves 19 de xullo. Estas entradas custan 12 euros en venda anticipada e 15 no despacho de Castrelos. O concerto comezará ás 22.30 horas coa actuación do grupo Mendetz. A fama do grupo británico Arctic Monkeys nótase no elevado ritmo de venta de entradas, xa que levan vendido preto da metade do aforo e é previsible que esgoten durante os días previos ao concerto.

Ademais das entradas para Artic Monkeys podense adquirir xa as das seguintes actuacións:
-22 xullo, 23.00 h. Paulina Rubio. 12 euros en venda anticipada e 15 no despacho de entradas.
-26 de xullo, 22.30 horas. Nacha Pop e Los Secretos. Prezo único, 5 euros.
-1 de agosto, 22.30 h. Marea + artista convidado. Prezo en venda anticipada, 6 euros. No despacho de entradas, 8 euros.

O resto das actuacións en Castrelos serán de entrada gratuíta até compretar o aforo.
Descargar todas as imaxes