Escoitar

Alto grao de satisfacción dos cidadás para vivir e traballar en Vigo

O Valedor do Cidadá, Luis Espada, presentou hoxe no Concello o libro "Satisfacción de la cidadanía con su comunidad local" con aplicación ó municipio de Vigo, e falou dos cambios que se produciron con respecto aos datos do 2003.

martes, 10 xul 2007
1184070500espada.jpg
Luis Espada
Co emprego do indicador "satisfacción dos cidadáns ca comunidade local", obtense unha medida xeral da cidadanía, con respecto a varios aspectos do municipio, relacionados co que se denomina calidade de vida. É, polo tanto, un indicador que analiza o benestar xeral da cidadanía, informando de diferentes niveis de satisfacción (moi satisfeito, satisfeito, insatisfeito, moi insatisfeito ou non contesta) tanto a nivel xeral como en atención a 14 temas específicos: Accesibilidade e calidade da vivenda, oportunidades laborais, zonas verdes, ocio e espallamento, entorno litoral e praias, porto da cidade, servicio de limpeza e recollida de residuos, calidade do espacio construido, servicios sociais e de saúde, servicios culturais, recreativos e de ocios, dotación de centros educativos e calidade da ensinanza, servicios públicos de transporte, mobilidade e tráfico, oportunidades de participación nos procesos de planificación e toma de decisións a nivel local e seguridade cidadá.

En primeiro lugar, e a modo de reflexión xeral, cabe manifestar que as mostras dos parámetros analizados, anos 2003 e 2007, son insuficientes para determinar con certo rigor as tendencias observadas. Fai falta, polo menos, unha nova medida entorno ao ano 2010 ou 2011 para poder constatar o aumento, diminución ou estancamento de certos aspectos analizados.

O análise do documento faise por distritos, e se pode observar que nalgúns o grao de satisfacción aumenta e noutros ocorre o contrario. Polo tanto, de forma global, obsérvase un menor nivel relativo de satisfacción en catro distritos e, polo contrario, un maior nivel, tamén relativo, no grao de satisfacción en cinco distritos.

A modo de conclusión, cabe destacar que nas enquisas deste ano ponse de manifesto dous características que parecen contradictorias e que xa se resaltaron no ano 2003. A aparente contradicción entre o parámetro "Vigo como lugar para vivir e traballar", cun valor elevado, e o grao de satisfacción global dos 14 aspectos analizados, que eran baixos e inferiores ao citado valor. Este ano, o primeiro parámetro a baixado, a pesares de que segue sendo elevado e ten aos vigueses satisfeitos coa súa cidade, e, polo contrario, os 14 aspectos analizados de forma global aumentan o nivel de satisfacción.
Descargar todas as imaxes