Escoitar

Programa das Festas do Cristo 2007

O tenente de alcalde, Santi Domínguez e o concelleiro de Festas, Xesús López, presentaron hoxe martes a programación definitiva das Festas do Cristo 2007 que comezou o pasado 30 de xuño co concerto de Julieta Venegas. O auditorio de Castrelos acollerá as actuacións de Artic Monkeys e Paulina Rubio así como os festivais VigofolCelta e "Voces de Vigo".

martes, 10 xul 2007
1184069847festassanti.jpg
Santi Domínguez afirmou que o seu desexo é facer unhas festas para todos e universalistas que expresen o sentir dunha cidade como Vigo. Subliñou o bo cartel das festas deste ano que contan cun orzamento de cerca de 900 mil euros.

Concertos no auditorio de Castrelos

- 30 xuño: JULIETA VENEGAS + TULSA
- 19 de xullo: ARCTIC MONKEYS +MENDETZ
- 22 xullo: PAULINA RUBIO
- 26 de xullo: POP ESPAÑOL DOS 80, NACHA POP/LOS SECRETOS
- 1 de agosto: MAREA
- 2 de agosto: CORAL CASABLANCA

Festivais

- 13-19 de xullo. XIII FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL.
- 23-27 de xullo. Auditorio de Castrelos e Casco Vello. Festival VIGOFOLCELTA.
- 24 de xullo. Auditorio de Castrelos. Festival VOCES DE VIGO.
- 3 de agosto.Explanada do Peirao de Trasatlánticos. DELUXE, FON ROMÁN, PACÍFICO e AMARO.
- 4 de agosto. Explanada do Peirao de Trasatlánticos. MANU CHAO RADIO BEMBA SOUND SYSTEM e LE PUNK.

Bandas e Corais

- 12.30 horas, os domingos, na Rúa Montero Ríos, ciclo UN MAR DE BANDAS.
- 13 xullo-4 agosto. Museo Verbum. Ciclo UN MAR DE CORAIS.

Cine

- 25-29 xullo. Praza da Estrela. Ciclo de cine ao aire libre REALIDADE 2007.

Gastronomía

- 22 de xullo. Parque de Castrelos. FESTA DO MEXILLÓN.
- 28 de xullo. Carballeira da Guía. FESTA DA SARDIÑA.
- 12 de agosto. Monte dos Pozos. FESTA DO POLBO.

Infantil

- 16-29 de xullo. Programa Infantil V3: VIGO, VERÁN E VALORES.

Fotografía

- 29 de xullo. Praza do Rei. XII MARATÓN FOTOGRÁFICO.

Varios

- 16 de xuño. VIII ENXALZAMENTO DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO
- 22 de xullo. FESTIVAL AÉREO.
- 28 de xullo. Praza do Berbés. MOSTRA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO.
Descargar todas as imaxes