Escoitar

A Semana Caixanova del Atlántico reunirá en Vigo un millar de barcos de vinte países

O tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes asistiron hoxe mércores á presentación da Semana Caixanova del Atlántico Gran Premio Iberdrola que se desenvolverá do 11 de outubro ao 4 de novemento e reunirá a un millar de barcos de cerca de vinte países.

mércores, 3 out 2007
1191415908semanatlantico.jpg
Santi Domínguez salientou a relevancia que ten a Semana Caixanova del Altántico. Neste senso, sinalou que cada ano este evento pon o listón máis alto, presenta máis novidades é aúna máis vontades e felicitou aos organizadores por elo.

Santi Domínguez dixo que é un magnífico exemplo do que esta cidade é quen de facer. Neste senso, explicou que a Semana Caixanova do Atlántico vai formar parte do proxecto que Vigo vai presentar para a Universiada. "Queremos que a vela sexa un dos deportes que a cidade organizadora elixe e este evento será unha peza fundamental para ensinar o que somos capaces de organizar", explicou.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, manifestou a súa satisfacción porque un acontecemento deportivo reúna a institucións, entidades e empresas tan diversas e considera que é unha boa mostra "da importancia que o deporte ten para a sociedade"

Trátase do evento máis importante do outono no sudoeste europeo e está organizado polo Real Club Náutico de Vigo co apoio doutros clubes vigueses. Ademais das competicións deportivas de Platú 25 e 420 haberá tamén un encontro escolar das comunidades de Galicia e Madrid e actividades culturales sobre o mundo da automoción en Galicia.
Descargar todas as imaxes