As mellores imaxes do Maratón Fotográfico forman unha exposición na Casa das Artes
A Casa das Artes acolle a partir deste mércores a exposición das 100 mellores imaxes captadas polos participantes do XII Maratón Fotográfico "Concello de Vigo", que tivo lugar o pasado 29 de xullo dentro da programación das Festas do Cristo e organizado coa colaboración da Agrupación Fotográfica Galega.
Este concurso, patrocinado pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, contou nesta edición cun total de 115 participantes que durante 12 horas debían percorrer Vigo para recoller coas súas cámaras as mellores fotos sobre os temas propostos pola organización.
A partir das 11.00 do 29 de xullo, hora da saída na praza do Rei, os participantes debían facer fotos sobre os catro temas propostos nesta edición: "Sabores", "Embarcados", "Miradas" e "Barras". Ás 23.00 horas os fotógrafos podían entregar as súas fotos nun control instalado pola organización na praza da Constitución. Previamente os participantes pasaron un control intermedio na zona de Bouzas, onde foron informados de dous dos temas.
Neste maratón podíase participar tanto na categoría analóxica, con carrete, como en categoría dixital. Na edición deste ano o número de participantes foi de 95 en dixital e 20 en analóxico. Os primeiros tiñan que entregar un CD con catro fotos correspondentes aos catro temas propostos, mentres que os segundos entregaron o carrete para o seu posterior revelado por parte da organización.
De entre todas estas fotos, un xurado seleccionou as mellores series valorando a orixinalidade e calidade das imaxes presentadas. As mellores 25 series (100 fotos), unha vez ampliadas, compoñen a exposición da Casa das Artes.
No mesmo acto de inauguración da mostra, este mércores a partir das 20.00 horas, farase público o fallo do xurado e tamén se fará entrega dos premios do Maratón, cuxa contía total ascende a 2.250 euros.
A mostra do XII Maratón Fotográfico "Concello de Vigo" permanecerá na Casa das Artes ata o 28 de outubro.