Conxemar reúne no IFEVI 645 expositores de 36 países
A Feira Internacional dos Produtos do Mar Conxelados Conxemar 2007 celébrase desde este martes ata o xoves no IFEVI coa presenza de 645 expositores de 36 países. Nesta novena edición, a organización espera a visita de máis de 40.000 persoas.
A cifra de 645 expositores supón un 11% máis que a de 2006. En total, son 472 empresas e institucións españolas e 173 doutros 35 países. Tamén crece a superficie expositiva que Conxemar ocupa no IFEVI este ano, a pesar das limitacións de espazo do recinto, superando nesta ocasión os 13.000 metros cadrados.
Pola súa parte, os 40.000 visitantes profesionais que se esperan supoñen un número sensiblemente superior ao de 35.000 da pasada edición. O volume de negocio desta feira monotemática podería situarse este ano nun nivel similar ao de 2006, cunha facturación duns 1.000 millóns de euros.
Entre os expositores encóntranse empresas de diversos sectores, como son comerciantes por xunto, importadores, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos, maquinaria, industria auxiliar (frío, embalaxes, plásticos, etc.) e o sector da acuicultura.
Desde o seu nacemento en 1999, a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados experimentou un crecemento constante. Así, na primeira edición contou con 85 expositores e recibiu 5.800 visitas, cifras que se foron superando ano tras ano ata alcanzar os 645 expositores e as 40.000 visitas que se esperan na presente edición.
Descargar todas as imaxes