Recibidas as obras do pavillón deportivo do colexio San Salvador de Teis
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, asistiron este luns á recepción das obras do novo pavillón deportivo do colexio San Salvador de Teis. A obra, que foi financiada pola Dirección Xeral para o Deporte, era unha vella reivindicación da comunidade educativa do centro e tamén do barrio de Teis.
Santiago Domínguez, que iniciou o proxecto na súa etapa como director xeral para o Deporte, salientou que nas instalacións do San Salvador de Teis se desenvolve unha instensa actividade deportiva, xa que ademais dos numerosos equipos do propio centro tamén o utilizan moitos equipos de barrio, nomeadamente de fútbol sala. O tenente de alcalde explicou que con esta actuación o que se pretende é contribuír a mellorar a situación na que se desenvolve a práctica deportiva na nosa cidade.
O tenente de alcalde explicou que agora quedan pequenas actuacións pendentes para completar a infraestrutura do San Salvador de Teis, como o portalón de peche e unhas redes. Santiago Domínguez adiantou que as vai asumir o Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes