Escoitar

Vigo celebra o Día Mundial da Arquitectura cunha exposición sobre a construcción do campus universitario

A Casa das Artes inaugura o luns a exposición "Campus de Vigo. A construcción dunha identidade" con motivo do Día Mundial de Arquitectura. A mostra está organizada pola concellería da Área de Cultura e Animación Sociocultural, a delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Universidade de Vigo.<br />

venres, 28 set 2007
1190978803exposicioncampus2.jpg
A exposición percorre dende os primeiros proxectos urbanísticos e arquitectónicos ata o momento actual, cando o arquitecto brasileiro Paulo Mendes da Rocha, Premio Prizker de Arquitectura 2006, está a proxectar a última das fases previstas.

O núcleo inicial de Desiderio Pernas, respectuoso co lugar á vez que estritamente contemporáneo; as aportacións de Alfonso Penela , con máis de vinte anos traballando no Campus; o proxecto central de EMBT, rematado co novo Reitorado; a biblioteca de Alberto Noguerol e Pilar Díez; a ampliación de Minas de Gabriel Santos Zas e César Portela son obras que se tratan de xeito pormenorizado.

A exposición contén pois documentación urbanística e arquitectónica, maquetas das construcións máis destacadas, audiovisuais e fotografías nunha montaxe específica para a sala que logo se adaptará para a exhibición en Madrid.

En palabras da comisaria da exposición, Maria A. Leboreiro Amaro: "O Campus é aínda algo novo. A intención da exposición é levar á reflexión sobre como unha estrutura allea á estrutura física da cidade debe ser apropiada pola cidadanía, identificada como lugar do saber e asociada á idea de progreso social e proxección da mesma cidade ao exterior como buque insignia publicitario da mesma. Moderna e creadora referente e expoñente da puxanza de Vigo noutros ámbitos. Toda nova cidade require ser percorrida e aprehendida en toda a súa complexidade, debe ser sometida á reinterpretación de cada usuario que aos poucos se vai apropiando do espazo recoñecéndoo como propio e non como un feito illado á súa vida cotiá marcada pola distancia."
1190978803exposicioncampus2.jpg
1190978824exposicioncampus1.jpg
Descargar todas as imaxes