Escoitar

O PP pregunta no Consello da Xerencia pola situación do Plan Xeral

O portavoz do PP no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, José Manuel Figueroa, presentou este xoves durante a reunión deste órgano tres preguntas ao Goberno local en relación á situación da tramitación do Plan Xeral.

xoves, 27 set 2007
1190896823xerencia270907.jpg
En primeiro lugar, Figueroa preguntou se o Goberno municipal realizou algún encargo, ben a técnicos do Concello, ben a algún técnico externo, tendente á emisión dalgún informe ou dictame sobre o PXOM. En caso afirmativo, o PP quere saber se estes documentos se incorporaron ao expediente de tramitación do Plan.

En segundo lugar, o voceiro do grupo municipal popular preguntou se o Goberno municipal incorporou, desde o día en que tomou posesión, algún documento ao expediente administrativo do Plan Xeral, e de ser así, cales son estes documentos.

Por último, o PP quere saber se o equipo redactor recibiu por parte do Goberno local algunha instrucción ou encomenda concreta para realizar algún tipo de modificación no documento do Plan.

No suposto de que as respostas a estas tres preguntas fosen afirmativas, José Manuel Figueroa pregou que se lle entregue unha copia dos posibles documentos ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

O alcalde, Abel Caballero, indicou que as preguntas formuladas polo portavoz popular recibirán resposta ao seu debido tempo.
Descargar todas as imaxes