Abel Caballero recibe o presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios
Javier Garrido, presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios (APROIN), visitou este xoves o Concello para reunirse co alcalde, Abel Caballero. A tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal foi o principal tema do encontro que mantiveron.
Garrido expresou os desexos do sector de contar antes de rematar o ano cun novo Plan Xeral coas "maiores garantías". Neste sentido, Caballero sinalou que as aspiracións de APROIN se cumprirán. Por outra parte, o alcalde reiterou a súa intención de reservar o 40% do solo edificable contemplado no novo PXOM a vivenda de protección social.
Descargar todas as imaxes