Política Territorial saca a concurso a redacción do anteproxecto do novo túnel de Beiramar
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes saca a concurso, coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia, do 2 de outubro, a redacción do anteproxecto de trazado e construción do novo túnel da avenida Beiramar, en Vigo.
Esta obra conectará O Berbés coa rúa Coruña e permitirá rexenerar a superficie desta zona portuaria soterrando o tráfico fronte ao que será o Auditorio de Vigo. O anteproxecto, que tamén incluirá a cartografía da zona, definirá de xeito pormenorizado as características técnicas desta obra.
O concurso público para a redacción deste anteproxecto convócase cun prazo de execución de oito meses e un orzamento de 181.000 euros.
O concurso público para a redacción deste anteproxecto convócase cun prazo de execución de oito meses e un orzamento de 181.000 euros.