Escoitar

Caballero móstrase favorable á estación de longo percorrido en Guixar

O alcalde, Abel Caballero, mostrouse este mércores favorable á estación ferroviaria de longo percorrido en Guixar, dada a "grave incomodidade" que suporía situala en Redondela.

mércores, 3 out 2007
1191415137pardavila031007.jpg
O alcalde reuniuse tamén con representantes da Asociación Cultural Pardavila, de Lavadores
Caballero tratou este tema na reunión que mantivo con Cándido Rodríguez Graña, secretario nacional do sector ferroviario da Federación Nacional de Transportes, Comunicación e Mar de UXT Galicia. Precisamente a estación de longo percorrido en Guixar foi unha das demandas presentadas por Rodríguez Graña durante o encontro.

Ademais, o representante sindical solicitou que se estude con calma a situación provisional dos talleres ferroviarios, que o Ministerio de Fomento propón situar tamén en Redondela.

Así mesmo, Rodríguez Graña interesouse polo estado actual do proceso de construción da nova estación. Neste sentido, Abel Caballero sinalou que "esperamos asinar o convenio este trimestre" para iniciar as obras "o antes posible". O alcalde, ademais, lembrou que se reunirá o 11 de outubro en Madrid co director xeral de Ferrocarrís para avanzar na consecución deste obxectivo.
Descargar todas as imaxes