A remodelación de Balaídos centra a reunión de Caballero e Mouriño
A futura remodelación do Estadio Municipal de Balaídos centrou a reunión que mantiveron este venres no Concello o presidente do Celta, Carlos Mouriño, e o alcalde, Abel Caballero, quen adiantou que "non van ser os impostos dos cidadáns" os que financien esta obra.
Tras o encontro, ao que tamén asistiron o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e o vicepresidente e o director xeral do club, Caballero afirmou que "un Celta en primeira división e ocupando postos en Europa é unha parte moi importante do proxecto desta cidade". O alcalde engadiu que "Balaídos non está en condicións" para facer fronte a este reto, polo que se fai necesario un novo estadio.
Con respecto a este, Caballero quixo deixar claro en primeiro lugar que "o campo vai seguir no mesmo sitio" e que o que se acometerá será a súa remodelación. Segundo explicou o alcalde, esta actuación implica a redacción dun proxecto de novo estadio, acompañado da humanización da zona e da construción dun novo párking. Caballero afirmou que o custo destas obras podería situarse entre 70 e 100 millóns de euros.
O alcalde indicou que unha vez se coñeza o custo final da remodelación, o Concello terá que buscar fontes de finaciamento. Neste sentido, Caballero non se pronunciou sobre o carácter público ou privado destas fontes, e aclarou que "non van ser os impostos dos cidadáns" os que financien esta obra. Finalmente, o alcalde desbotou a fórmula de concesión pública ao club para a remodelación e explotación do novo estadio.
Nesta mesma liña, Carlos Mouriño afirmou que "o proxecto é do Concello e é o Concello o que ten que buscar fórmulas de financiamento". O presidente do Celta engadiu que o seu club "sempre dixo que respetaría" o que o Concello decida facer ao respecto.
Descargar todas as imaxes