Cincuenta e tres galerías exporán na feira internacional Puro Arte 2007
Por segundo ano consecutivo, Vigo acolle a mostra internacional Puro Arte, un acontecemento artístico, social e económico do máximo nivel que reunirá no IFEVI, do 18 ao 22 de outubro, un total de 53 galerías de diversos países.
Estas galerías acoden a Galicia co fin de presentar e promover os seus artistas nun mercado tan importante como é o español, no marco dunha feira promovida e apoiada pola Xunta, o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, Caixanova e outras entidades públicas e privadas.
Partindo da concepción da arte como un dos recursos económicos e humanos que fan posible o desenvolvemento dunha sociedade confortable e próspera, Puro Arte busca a promoción de artistas tanto nacionais como estranxeiros e o intercambio de experiencias creativas coas correntes artísticas do mundo enteiro.
A primeira edición deste evento, celebrada en novembro de 2006 no mesmo recinto feiral de Cotogrande, supuxo un éxito de público, ao recibir a visita de máis de 18.000 persoas que puideron coñecer de primeira man a oferta de arte contemporánea exposta nas 42 galerías presentes na mostra. No aspecto económico, as operacións pechadas na primeira edición superaron o medio millón de euros e as transaccións apalabradas alcanzaron un valor de máis de un millón.
De cara a esta segunda edición, o equipo organizador e os patrocinadores levaron a cabo un intenso traballo para incrementar o número de galerías ata chegar a 53. Por outra parte, a superficie que ocupará a mostra é de 9.000 metros cadrados, cifra lixeiramente inferior á de 2006 xa que non foi posible aumentar o espazo dedicado á exposición por compromisos do recinto feiral. Por este motivo, o comité organizador foi especialmente coidadoso na elección das galerías e das obras expostas, co fin de situar a Puro Arte entre as feiras internacionais de arte contemporánea máis destacadas e na vangarda das tendencias creativas.
En canto aos artistas presentes, xunto a un elenco de novos valores da pintura, ecultura e fotografía, non faltarán nesta segunda edición de Puro Arte obras de Picasso, Dalí, Miró, Manolo Valdés, Barceló, Feito, Caruncho, Tapies, Mitoraj, Lamazares e Leiro, entre outros.
Se en 2006 causou sensación a exposición de escultura hiperrealista, nesta edición a organización espera crear aínda máis expectación cunha mostra de 50 pezas, tamén hiperrealistas, de varios autores, agrupadas baixo o título xenérico de "Nursery". Esta exposición ten sido protagonista de reaccións e comentarios en medios de comunicación de todos os lugares onde estivo.
Outro dos propósitos da feira Puro Arte é familiarizar o seu público coas obras que nela se expoñen. Así, no marco deste evento convocarase o concurso de pintura infantil "A Arte na Escola", co obxectivo de que os máis pequenos se adentren nas técnicas e estéticas pictóricas.
A presentación de Puro Arte 2007 tivo lugar este venres no Concello, nun acto que contou coa presenza do tenente de alcalde, Santiago Domínguez; o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso; o concelleiro de Cultura, Xesús López; o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e Ignacio Scarpellini, en representación do comité organizador da feira. A idea máis repetida nesta rolda de prensa foi a de facer de Puro Arte o evento cultural que Vigo necesita para converterse nun referente non só en España, senón no espazo sen fronteiras que delimita a arte.
Máis información en www.feriapuroarte.com.
Descargar todas as imaxes