Fin de semana de artes escénicas no Auditorio Municipal

venres, 20 out 2023

VigoCultura programa para esta fin de semana tres producións no auditorio municipal. O venres subirá ao escenario a comedia “ A que voy yo y lo encuentro”; o sábado teatro de máscaras con música en directo “Frío” e o domingo o espectáculo infantil “ Oh uh ah ei! Terra, aire, lume , auga”

Novo programa cultural para facer do Auditorio Mar de Vigo un espazo "imprescindible" en Galicia

mércores, 18 out 2023

Abel Caballero e os concelleiros da área de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez, presentaron esta mañá o programa da nova temporada outono-inverno do Auditorio Mar de Vigo. O alcalde explicou que a “excepcional” programación cumpre co obxectivo de converter ao escenario vigués en referencia “imprescindible” do desenvolvemento musical e cultural de toda Galicia.

O Concello promociona as creadoras de Vigo co programa “Vigofem”

martes, 10 out 2023

Abel Caballero e as concelleiras Carmela Silva e Ana Laura Iglesias presentaron este martes o proxecto do Concello de Vigo “Vigofem”, deseñado para recoñecer e promover as creadoras da cidade. O programa comezará o vindeiro luns 16 cun encontro literario no Marco, coincidindo co “Día das Escritoras”, e finalizará o venres 20 cun concerto na Porta do Sol.

Vigocultura leva o espectáculo á rúa do Príncipe esta fin de semana

xoves, 5 out 2023

A programación municipal de artes escénicas organiza 26 espectáculos para tódolos públicos entre os meses de outubro e decembro con propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía, circo ou monicreques. Mañá venres, 6 de outubro, a rúa do Príncipe recibe a Pablo Méndez Performances coa súa proposta “Sobe aos teus soños - Rock in the air" e o sábado, día 7, será a compañía Troula con “Psychodelia” a que encha a rúa de música e cor.