venres, 17 xul 2020
O Concello está organizando, xunto coa Federación de Libreiros, unha xornada dedicada ao libro na que as librerías poderán sacar os seus exemplares á rúa, sexan ou non membros da entidade.
venres, 10 xul 2020
O alcalde avanzou esta mañá que a biblioteca Neira Vilas ampliará durante o verán o seu espazo habilitando a terraza como sala de lectura. Esta ampliación permitirá manter mellor as distancias de seguridade impostas pola crise sanitaria.
luns, 6 xul 2020
O alcalde avanzou que o MARCO e o Museo Liste programan desde este mes de xullo actividades educativas e lúdicas para a cativada viguesa, a partir de 3 anos de idade. As propostas súmanse aos campamentos de verán do Concello sumando 3.000 prazas.
venres, 3 xul 2020
O Concello estaría encantado de contar en depósito coa colección de lentes do doutor Tomás Camacho para organizar unha mostra permanente. Entre as pezas atópase un microscopio do século XVII fabricado polo fundador da microbioloxía, Antony van Leeuwenhoek.
venres, 3 xul 2020
Desde esta fin de semana e ata o mes de outubro desenvólvense os dous ciclos de concertos no Verbum e na Praza de Galegos Ilustres incluídos neste programa anual que financia o Concello cun investimento de case 200.000 euros. Este venres abre o Festival TerraCeo no Auditorio que inclúe a actuación de grupos e artistas locais.
xoves, 2 xul 2020
O goberno local avanza na programación festiva do verán para o que o rexedor mantivo esta mañá un encontro co responsable das corais e das bandas populares de Vigo. Tal e como avanzou na posterior rolda de prensa, estes conxuntos artísticos terán un protagonismo destacado no cartel deste 2020.
venres, 26 xuñ 2020
O ascensor que comunica Torrecedeira e Pi i Margall entrará en funcionamento ás 9 da mañá do vindeiro martes, 30 de xuño, logo de terse solucionado o problema de vibración que rexistrou a pasarela desta infraestrutura.
xoves, 25 xuñ 2020
“Os libros deberían vivir nas rúas” apuntou o rexedor durante o acto de inauguración da XLVI Feira do Libro de Vigo, convidando á cidadanía a que se achegue ás casetas dunha edición que, aínda que con menos representación pode ser un exemplo para o resto de cidades polo que supón na recuperación da cultura e do libro. A escritora María Xosé Queizán leu o pregón da feira que se desenvolverá na rúa do Príncipe dende este 25 de xuño e ata o 4 de xullo.
xoves, 25 xuñ 2020
O Concello estenderá ata o próximo 30 de setembro a apertura da exposición "50 anos na arte de Diego Giráldez", en horario de 18,30 a 21,30 h. A mostra, interrompida polo estado de alarma, ofrece ao público unha visión xeral da súa produción artística e dos seus inicios como aprendiz na Escola de Artes e Oficios, alá polo ano 1969.
xoves, 25 xuñ 2020
Abel Caballero e Carmela Silva firmaron este xoves o convenio entre a Fundación MARCO e a Deputación de Pontevedra, dotado con 50.000 euros e enmarcado no compromiso coa cultura e a igualdade cara á presenza das mulleres artistas na programación do museo vigués.