Escoitar

Caballero louva o “gran espectáculo” do musical Ghost, ata o domingo no Mar de Vigo

O alcalde participou este xoves na presentación deste “gran musical, que atrae, que engancha” e que se representa en Vigo desde este xoves ata o domingo. Abel Caballero invitou a toda a cidade a asistir a algunhas das seis funcións programadas no auditorio da Avenida de Beiramar.

xoves, 3 mar 2022
Abel Caballero, xunto aos protagonistas do musical, este xoves no vestíbulo do Mar de Vigo.
Abel Caballero, xunto aos protagonistas do musical, este xoves no vestíbulo do Mar de Vigo.

“Na cidade temos un bo día, porque hoxe facemos a presentación dun gran espectáculo”, manifestou Abel Caballero este xoves durante o acto. O alcalde mostrouse convencido de que a cidade responderá, xa que “Vigo é unha fábrica de música” e Ghost é un “gran musical, que atrae, que engancha”.

O alcalde, que agradeceu a presenza na cidade dos protagonistas, compartiu sala cos actores: David Bustamante, Cristina Llorente, Ela Ruiz e Christian Sánchez. Caballero invitou á cidadanía a achegarse ao Mar de Vigo: “Como nos gusta tanto a música, veñamos todas e todos”. O auditorio agarda a presenza de máis de seis mil persoas no público ata o domingo.

O musical de Ghost chega a Vigo logo de dúas tempadas de éxito na Gran Vía madrileña. Conta cun elenco de vinte artistas e trinta persoas no equipo técnico. A cita ofrece dúas horas e media de espectáculo, cunha produción fiel á película, con moitos cambios de escena, efectos especiais e trucos de maxia sorprendentes.

Descargar todas as imaxes