Escoitar

O goberno municipal aproba 122 axudas de emerxencia por valor de 21.000 euros

A Comisión de Axudas de Emerxencia vén de aprobar novas axudas, das que a maior parte serán destinadas ao pago de vivendas ou alugamentos.

xoves, 3 mar 2022

O alcalde deu conta na rolda de prensa deste xoves da concesión de 122 novas axudas de emerxencia por un importe total de 21.000 euros dos que 13.000 euros foron destinados ao abono de pagos de vivenda ou alugamento. “Isto significa que estamos evitando máis de 25 desafiuzamentos. En Vigo os desafiuzamentos evítaos o goberno da cidade”, salientou o rexedor.

Tal e como apuntou, desde o inicio da pandemia, máis de 50.000 persoas foron beneficiarias destas axudas de emerxencia municipais.

Amais, a Xunta de Goberno Local celebrada este xoves acordou a prórroga da cesión temporal a unha familia dun dos pisos da rede municipal de vivendas de protección para mulleres vítimas de violencia de xénero, co fin de que se poidan cumprir os obxectivos sociais, económicos e de inserción.

 

 

 

Descargar todas as imaxes