mércores, 2 marzo 2022

Hombres G, en concerto en Castrelos o 14 de agosto

mércores, 2 mar 2022

O alcalde anunciou este mércores unha nova cita do calendario de concertos de verán no auditorio ao aire libre de Castrelos. Hombres G súmanse a Sting, que toca o 6 de agosto, e a Leiva que subirá ao escenario o 4 de agosto.

As cidades, preparadas para actuar na acollida de refuxiados ucraínos

mércores, 2 mar 2022

Tan pronto a Comisión Europea e o Goberno de España tomen as súas decisións sobre a acollida, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) actuará desde os concellos para ofrecer “acollida, solidariedade, atención e afecto ao pobo ucraíno”, dixo Abel Caballero este mércores, quen subliñou que a Federación está en contacto permanente cos ministerios de Exteriores e de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.