Escoitar

África González, premio de Igualdade Ernestina Otero 2022

alcalde deu a coñecer este martes a concesión do galardón, que celebra a súa décima edición, á directora do Centro de Investigacións Biomédicas e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo.

martes, 1 mar 2022
Abel Caballero durante a súa comparecencia en rolda de prensa
Abel Caballero durante a súa comparecencia en rolda de prensa

“É o recoñecemento por unha traxectoria absolutamente extraordinaria como investigadora e na vixilancia da saúde de tantos cidadáns de toda España”, eloxiou Abel Caballero, ao anunciar a concesión do galardón por parte do Consello Municipal da Muller.

África González Fernández é Doutora en Medicina e Cirurxía, Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. Na actualidade é directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e preside a Sociedade Española de Inmunología. Copromotora da empresa spin-off NanoImmunoTech, ten publicados máis de cento setenta artigos científicos, desenvolveu catro patentes e é autora do libro divulgativo INMUNO POWER: Coñece e fortalece as túas defensas. Amais, forma parte do comité de expertos que asesora ao Concello en materia Covid.

A entrega do X Premio de Igualdade Ernestina Otero a África González Fernández terá lugar o martes, 15 de marzo, ás 20:00 no Auditorio Municipal do Concello, con entrada libre ata completar o aforo.

 

Descargar todas as imaxes