Escoitar

O goberno de Vigo proxecta crear un segundo rocódromo en VigoZoo

O Concello xa habilitou un primeiro no pavillón de Quirós, en Sárdoma, pendente de apertura, e planifica outra instalación de escalada no parque da Madroa. O alcalde expuxo ambos proxectos este martes a Peña Trevinca, Montañeiros Celtas, Azimut e á Federación Española de Deportes de Montaña para recoller as súas impresións.

martes, 1 mar 2022
Imaxe da reunión, celebrada este martes na Sala de xuntas da Alcaldía.
Imaxe da reunión, celebrada este martes na Sala de xuntas da Alcaldía.

A parede do pavillón de Quirós, polideportivo que ultima a súa inauguración, cumpre con todos os requirimentos do ámbito da escalada e o Concello contou para o seu deseño co asesoramento do equipo técnico responsable do último rocódromo olímpico, segundo revelou este martes Abel Caballero.

Precisamente o alcalde anunciou que o goberno que preside proxecta habilitar unha segunda instalación vertical destas características, desta volta en VigoZoo, ao aire libre e con doce metros de altura.

Xunto ao edil de Deportes, Abel Caballero mantivo na mediodía deste martes unha entrevista con representantes do Club de montañeiros Peña Trevinca, do Club Montañeiros Celtas, Club de Montaña Azimut e da Federación Española de Deportes de Montaña. A eles transmitiulles os proxectos municipais e recibiu as súas suxestións “para que queden na mellor situación posible”.

Descargar todas as imaxes