Escoitar

A unanimidade do Pleno declara o 23 de febreiro “Día de Rosalía de Castro no Concello de Vigo”

A moción do concelleiro non adscrito recibiu o voto favorable de tódolos grupos municipais, de xeito que esta xornada servirá como homenaxe á autora e á súa obra e conformarase tamén como un día de impulso ás actividades de promoción da obra da escritora na cidade.

mércores, 23 feb 2022
A Corporación gardou un minuto de silencio en sinal de recordo e solidariedade cos falecidos e desaparecidos no naufraxio do buque Vila de Pitanxo
A Corporación gardou un minuto de silencio en sinal de recordo e solidariedade cos falecidos e desaparecidos no naufraxio do buque Vila de Pitanxo

A Corporación Municipal apoiou por unanimidade a proposta defendida por Xabier Pérez Igrexas na que expuxo o valor da obra de Rosalía de Castro como “un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade”, unha poeta “que chegou a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de tódolos tempos”.

Considera o concelleiro non adscrito que a difusión do coñecemento da súa obra é “necesaria para as galegas e galegos” e, por iso, propón declarar formalmente o 23 de febreiro como Día de Rosalía de Castro no Concello de Vigo, realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado da cidade, na que participen o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural, e agasallar con libros de autoras e autores en lingua galega, comprados en librarías da cidade, ao alumnado dos centros que realicen actividades na conmemoración desta xornada.

Descargar todas as imaxes