Escoitar

A Fundación Laxeiro galardoou a Rodrigo Romaní e ao grupo “Atlántica”

O alcalde e presidente da Fundación, Abel Caballero, encabezou o acto celebrado este mércores na sede da entidade, na Casa das Artes. Logo dunha ofrenda floral ante o busto do artista, entregáronse os premios correspondentes ao pasado ano (para Romaní) e do presente, para o grupo de artistas “Atlántica”.

mércores, 23 feb 2022
Foto de grupo á entrada da Casa das Artes.
Foto de grupo á entrada da Casa das Artes.

Na súa intervención, Abel Caballero louvou a “irrepetible capacidade creativa” de Laxeiro e emprazou á Fundación que leva o seu nome a universalizar a súa figura: “A cultura universal merece coñecer a Laxeiro, que se ten que unir a ese grupo de grandes artistas do mundo. Ese ten que ser o noso cometido, este ten que ser o contido da Fundación Laxeiro”. O alcalde referiuse á obra do autor galego en préstamo no Reina Sofía de Madrid, que está a resultar un “éxito notable” ata o punto de que “un museo desta envergadura quere prorrogar” a cesión do cadro.

Por motivos relacionados coa pandemia, o Premio Laxeiro 2021 quedara sen entregar. O evento deste mércores serviu para que recollera o seu galardón Rodrigo Romaní, un “músico capaz de poñerse á altura dos mellores e dos máis importantes”, en verbas de Caballero.

En segundo lugar, o grupo de artistas “Atlántica” fíxose acredor do Premio Laxeiro 2022. Román Pereiro, un dos promotores do colectivo a destacada personalidade deste. Ao respecto, o alcalde puxo en valor “o movemento de renovación que cambiou o concepto da cultura en Galicia e en España”, asegurou: “E asentado en Vigo”.

A Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro, acolleu unha celebración que deu comezo cunha ofrenda floral ante o busto do artista galego, á entrada do inmoble. O Concello prepara para este ano unha mostra sobre o autor no MARCO, comisariada polo seu director, Miguel Fernández-Cid, e como parte da celebración do Ano Laxeiro en Vigo.

Foto de grupo á entrada da Casa das Artes.
Descargar todas as imaxes