Máis de douscentos cincuenta estudantes presenciaron un concerto didáctico no auditorio do Concello
Este mércores continuou no auditorio municipal do Concello o programa “Música coa escola”, iniciado este luns. O alcalde saudou aos 254 nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria de seis colexios da cidade que presenciaron o concerto “Caldiño de sons”, da man da Escola municipal de Música de Vigo.
Máis de douscentos cincuenta chicos e chicas de quinto e sexto de Primaria visitaron hoxe mércores o auditorio municipal do Concello para presenciar un concerto didáctico a cargo da Escola municipal de Música de Vigo, baixo o título de “Caldiño de Sons”.
Abel Caballero achegouse ao inicio do primeiro espectáculo para saudar ao alumnado e louvar esta iniciativa didáctica e cultural. O público deste mércores son estudantes do Escolas Nieto, do Carrasqueira, das Carmelitas, das Calasancias, do Sárdoma Moledo e do Párroco don Camilo.