Escoitar

Vigo acolle este mércores unha concentración en apoio a Ucraína e condenando a invasión

O alcalde convoca á cidadanía viguesa a gardar cinco minutos de silencio en “solidariedade” cos ucraínos e ucraínas e para mostrar a “condena radical á invasión dos exércitos de Putin”. Será ás 12 horas deste mércores na Praza do Rei.

martes, 8 mar 2022
O Concello iluminou as fontes de Aragón de amarelo e azul, as cores da bandeira ucraína.
O Concello iluminou as fontes de Aragón de amarelo e azul, as cores da bandeira ucraína.

Como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero conminou ás entidades locais de toda España a convocar concentracións ante os concellos este mércores ás 12 horas. En declaracións realizadas este martes, o alcalde trasladou que Vigo participará e citou á cidadanía na Praza do Rei.

Será unha concentración ante o Concello de Vigo na que se gardarán cinco minutos de silencio “en solidariedade e apoio ao pobo de Ucraína”, explicou Caballero, que “van do lado da condena polo intento de masacre dos exércitos de Putin”.

“A nosa condena radical á invasión dos exércitos de Putin dun país libre, Ucraína, que quere construír o seu futuro e tomar as súas decisións, e as tropas invasoras e asasinas de Putin queren impedilo”, afirmou o rexedor vigués.

Así pois, o alcalde animou á cidadanía viguesa a sumarse e participar nunha manifestación na que mostrar a “solidariedade co pobo de Ucraína e a condena radical, forte e tallante á invasión” perpetrada polo executivo central ruso.

Descargar todas as imaxes