Escoitar

Abel Caballero participa esta fin de semana na Conferencia de Presidentes na Palma

O presidente da FEMP informou este luns da súa presenza en representación dos municipios españois no encontro que se celebra na illa da Palma, no que abordarán asuntos como os fondos ruropeos, Protección Civil e a situación epidemiolóxica.

luns, 7 mar 2022
O alcalde durante a rolda de prensa deste luns
O alcalde durante a rolda de prensa deste luns

Abel Caballero, en representación dos gobernos locais do noso país, participa esta fin de semana na Conferencia de Presidentes Autonómicos e nos actos de homenaxe ao pobo da Palma van celebrarse esta fin de semana na illa canaria.

O alcalde de Vigo explicou que a Conferencia que se celebra o domingo, 13 de marzo, será a primeira presencial despois da que tivo lugar en Salamanca -celebrouse outra máis, aínda que en modo telemático- e sinalou que entre os temas previstos figuran a evolución da situación epidemiolóxica e a situación económica e social derivada da aplicación dos fondos europeos para a recuperación.

En relación a este asunto, Caballero apuntou que os municipios van recibir unha porcentaxe de aproximadamente o 20% da cantidade total que reciba España, unha participación moi superior ao 14% demandado pola FEMP para concellos, deputacións, cabidos e consells insulars. Na Conferencia tamén se falará sobre Emerxencias e Protección Civil, unha cuestión relacionada co local en materia de Municipios Seguros.

A Conferencia, convocada polo presidente do Goberno, estará precedida, o sábado, día 12, por un acto de homenaxe á exemplaridade do pobo da Palma, que presidirá S.M. o Rei Felipe VI.
 
 
 

Descargar todas as imaxes