Escoitar

Abel Caballero recibe ao secretario xeral dos socialistas galegos

O alcalde e Valentín González Formoso aproveitaron o encontro para poñer de manifesto as necesidade económicas da cidade, a xestión dos fondos europeos e a acollida dos refuxiados ucraínos por mor da invasión de Putin.

mércores, 9 mar 2022
Abel Caballero e Valentín González Formoso na xuntanza na Alcaldía de Vigo
Abel Caballero e Valentín González Formoso na xuntanza na Alcaldía de Vigo

Abel Caballero e Valentín González Formoso mantiveron a primeira xuntanza desde a chegada do edil de As Pontes e presidente da Deputación de A Coruña á secretaría xeral do PSdeG. Nela puxeron de manifesto o apoio aos sectores económicos da cidade, a xestión dos fondos europeos e a urxente acollida de refuxiados que acollerán os concellos de España.

Por unha banda, o rexedor destacou que o PERTE da automoción que encabezan o Concello e a Zona Franca “é determinante para a estabilidade do sector en Vigo os próximos 20 anos”. Caballero engadiu ademais a importancia da fábrica de microchips presentada aos fondos europeos “para ter produción propia”. Outro dos PERTE que o Goberno de España ten en estudo e o do sector naval, no que Caballero e desde o PSdeG consideran “imprescindible” para as necesidade económicas de Vigo.

En canto a xestión dos fondos europeos, González Formoso louvou a acción de Abel Caballero como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias que “mobilizou convocatorias de fondos europeos para os concellos, ademais de permitir o uso dos remanentes”. Caballero avanzou que o goberno local presentarase ás novas convocatorias de rehabilitación de edificios públicos do ministerio de Transportes e á segunda convocatoria de proxectos para a o sector turístico da carteira que encabeza Reyes Maroto.

Tanto o alcalde como o secretario xeral dos socialistas pediron unidade e o apoio de todas as forzas políticas ante a invasión de Ucraína por parte do Kremlin. Caballero recoñeceu que “a acollida de refuxiados recaerá sobre os concellos” polo que abordará o tema na FEMP. González Formoso lamentou a actitude do BNG, que impediu unha declaración institucional no Parlamento de Galicia: “Sen unidade é imposible facerlle fronte a Putin e a esta guerra que el mesmo comezou”, sentenciou

Para o líder do PSdeG o modelo de Vigo é ao que aspira en Galicia: “queremos representar á maioría de galegos e galegas, ter a súa confianza, e iso ten unha referencia que é cidade de Vigo e Abel Caballero”, concluíu.

Abel Caballero e Valentín González Formoso na xuntanza na Alcaldía de Vigo
Descargar todas as imaxes