Danza e música na xornada do venres do ALT o.7

xoves, 1 mar 2007

As compañías MC4Dança, do Porto, e Cabo San Roque, de Barcelona, presentan mañá venres no MARCO e na Casa das Artes, respectivamente, os seus traballos no campo da danza e da música, dentro do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo ALT o.7.

Últimos días para visitar a mostra "Laxeiro, debuxos inéditos IV. Retratos sobre papel" na Fundación Laxeiro

mércores, 28 feb 2007

O domingo, 4 de marzo, a Fundación Laxeiro clausura a exposición da serie "Laxeiro, debuxos inéditos" que nesta edición estivo íntegramente dedicada ó xénero retratístico. Formada por 25 pezas que abranguen un período que vai desde os anos vinte ós oitenta, a mostra recolle retratos como a augada feita a Emilio Riego, a tinta do poeta arxentino Luis Alberto Quesada, un bosquexo a carbón para un retrato de García Sabell ou dous autorretratos, un de 1928 e outro de 1941, nos que se pode apreciar a evolución estilística do artista.

ALT o.7 dedica dúas xornadas de cine a Bertolt Brecht

luns, 26 feb 2007

O Festival Alternativo de Teatro organiza os días 27 de febreiro e 6 de marzo dúas xornadas dedicadas a Bertolt Brecht, coa proxección de películas nas que se homenaxea os 50 anos da morte do dramaturgo e poeta alemán. A incorporación do cine é unha das novidades da presente edición do festival. O pase das películas terá lugar no Auditorio Municipal.

Con Te de Teatro presenta o espectáculo de monicreques premiado en FETEN

venres, 23 feb 2007

Teatro de la Luna pon en escena a obra "Ferdinando" no auditorio Municipal o día 24 ás 18 horas, dentro da programación de teatro da Concellería de Cultura. A obra foi premiada en FETEN 2005 como mellor espectáculo de monicreques e está recomendada para público a partir de 3 anos. O prezo de entrada é de 3 euros adultos e 2 euros infantil.