Escoitar

A ecoloxía e a bioética centrarán o debate nas xornadas de filosofía de Vigo

"Ecoloxía e bioética" é o título das XVII Xornadas de Filosofía que se celebran do 16 ó 19 de outubro en Vigo, promovidas pola concellería de Cultura e organizadas polo grupo Aletheia en virtude dun convenio coa Fundación Caixagalicia.

martes, 9 out 2007
1191935967filo.jpg
Nas xornadas participarán María Casado, doutora en Dereito, que falará sobre "Bioética e dereitos humanos"; Xavier Pastos, director de Oceana en Europa, participará coa conferencia "2048: mares baleiros"; Pablo de Lora Deltoro, profesor de Filosofía do Dereito, disertará sobre "Procreación beneficencia e non-maleficencia"; Miguel Ferrer, doutor en Ecoloxía, centrarase na "Crise da biodiversidade: o home e outras especies ameazadas"; Jesús Mosterín , filósofo e profesor, conversará sobre "Bioética e investigación científica"; Javier Sádaba , catedrático de Ética, falará sobre "Bioética, inmigración e mestizaxe"; Ricardo Guerrero, catedrático de Microbioloxía, intervirá coa "Teoría Gaia: bases científicas e implicacións éticas" e Victoria Camps, catedrática de Filosofía moral e política, clausura as xornadas coa conferencia sobre "O principio de autonomía e as súas perversións".

Ás xornadas que se celebrarán na sede da Fundación Caixagalicia de Vigo está abertas ao público en xeral, se ben son de máis interese para profesores universitarios e de ensino secundario. A inscrición é gratuíta e pode realizarase por correo electrónico xornadasaletheia@yahoo.es ou no momento da apertura das xornadas no caso de haber prazas dispoñibles.
1191935967filo.jpg
1191936002xornadas091007.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información