Escoitar

Santi Domínguez cree difícil introducir cambios no PXOU antes de fin de ano

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifesta a súa preocupación ante a imposibilidade de que antes de fin de ano podase introducir a modificación no PXOM do 40% de vivenda protexida en todos os ámbitos de solo urbano non consolidado e solo urbanizable, segundo se desprende da reunión que mantivo hoxe martes co equipo redactor do plan de urbanismo.

martes, 9 out 2007
1191939330bngpxom091007.jpg
Santi Domínguez amosou o seu malestar no que considera estase a incumprir o pacto de goberno no que se indica que os cambios que se realicen no Plan deberán estar suxeitos ó consenso das dúas formación políticas e que en ningún momento foron citados a reunións nas que se estudien as modificacións a incluír no documento urbanístico.

O tenente de alcalde non obstante amosou a colaboración do seu grupo municipal para que o Plan se aprobe segundo as modificacións estipuladas por la Xunta .
Descargar todas as imaxes