Caballero considera "irrenunciable" o 40% para vivenda protexida
O alcalde, Abel Caballero, lembrou este martes que a reserva para vivenda protexida do 40% da edificabilidade resindencial prevista nos ámbitos de solo urbano non consolidado e de solo urbanizable do novo PXOM é "un principio político irrenunciable" do Goberno local.
Caballero afirmou nunha rolda de prensa na que foi acompañado pola concelleira de Urbanismo, Carmen Silva, que "en Vigo o prezo da vivenda é astronómico" e que a única forma de facer fronte a esta circunstancia é reservando un mínimo do 40% da eficabilidade residencial nos mencionados ámbitos para vivendas libres de especulación, que se venderán "aproximadamente á metade de prezo" pero "coa mesma calidade" que as non protexidas. Esta medida, asegurou o alcalde, beneficiará as economías menos favorecidas, como as dos mozos e as dos traballadores, polo que "a demanda está garantida".
Abel Caballero sinalou que con isto "o que facemos é cumprir o acordo de goberno" asinado por PSdeG-PSOE e BNG e que a reserva do 40% "non é un cambio substancial na ordenación urbanística", xa que o que significa é "as mesmas vivendas coa mesma edificabilidade pero con menos prezo". O alcalde, ademais, reiterou que "non renunciamos" a aprobar un "Plan blindado contra ilegalidades" ates de finalizar 2007.
Pola súa parte, Carmen Silva afirmou en referencia aos cambios que o Goberno local quere introducir no PXOM que "non hai nin un só que non apareza nese acordo de goberno" entre PSdeG-PSOE e BNG. A concelleira engadiu que, en todo caso, o BNG "sempre terá a información que precise" sobre os axustes que se inclúan no Plan Xeral conforme se vaian producindo.
Descargar todas as imaxes