martes, 30 xan 2007
A primeira parte da exposición "Expoarte e Oficios" finaliza mañá mércores na Escola de Artes e Oficios. A mostra poderá visitarse novamente a partir do 20 de febreiro, acrecentada con novos traballos dos alumnos e profesores da Escola.
martes, 30 xan 2007
La primera parte de la exposición "Expoarte y Oficios" finaliza mañana miércoles en la Escuela de Artes y Oficios. La muestra podrá visitarse nuevamente a partir del 20 de febrero, acrecentada con nuevos trabajos de los alumnos y profesores de la Escuela.
venres, 26 xan 2007
Os que se acheguen ao MARCO esta fin de semana terán a oportunidade de visitar un espazo de exhibición, consulta e lectura dun conxunto de edicións impresas reunidas na exposición "PAPERBACK. Edicións baratas". Libros, carteis, adhesivos e outras pezas gráficas darán conta nesta mostra da renovación e vitalidade destes materiais nos últimos anos.
venres, 26 xan 2007
Desde as 10.00 horas de hoxe venres, os membros da Fundación Laxeiro estiveron examinan un total de 141 pezas atribuídas a Laxeiro. Coleccionistas privados de toda Galicia achegaron estas obras á Fundación para que as catalogue.
xoves, 25 xan 2007
A Concellaría de Cultura presenta unha exposición de producción propia sobre a primeira arquitectura da modernidade en Vigo: "Arquitecturas de Vangarda. Vigo, 1933-1944". A mostra inaugúrase hoxe xoves ás 20.00 horas na Casa das Artes.
mércores, 24 xan 2007
Continúa aberto ata o próximo venres 26 de xaneiro o prazo de inscrición do curso "Contextos e proxectos de Arte Pública", que se impartirá no MARCO do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro.
xoves, 18 xan 2007
O MARCO presentou hoxe xoves as súas actividades para o periodo xaneiro-abril, acompañadas da programación de exposicións para o periodo xuño-decembro. Ademais, deu a coñecer a cifra de visitantes recibidos durante 2006, que foi de 72.470.
xoves, 18 xan 2007
A programación teatral do Concello de Vigo como membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o primeiro semestre deste ano comezará os días 27 e 28 deste mes, con representacións da obra "Imperial: café cantante. Vigo 1936" a cargo da compañía Teatro do Noroeste.
luns, 15 xan 2007
A Escola Municipal de Artes e Oficios acolle durante este mes de xaneiro a mostra "Expoarte e Oficios", coa que se pretende iniciar unha nova andaina de actividades para que a cidadanía coñeza o traballo que realizan os seus alumnos e profesores.
luns, 15 xan 2007
La Escola Municipal de Artes e Oficios acoge durante este mes de enero la muestra "Expoarte e Oficios", con la que se pretende iniciar una nueva andadura de actividades para que la ciudadanía conozca el trabajo que realizan sus alumnos y profesores.