O programa "Camiña e coñece" achéganos, esta vez, ao Parque Lineal do Río Lagares<br />
O tenente de alcalde, Santi Doínguez, o concelleiro de Cutura e Animación Sociocultural, Xesús López, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este xoves no Concello unha nova actividade do programa "Camiña e coñece". Nesta actividade faise un percorrido cultural-ambiental a pé pola senda do río Lagares que terá lugar o vindeiro domingo día 16 de setembro.
A oferta do programa "Camiña e coñece" é unha iniciativa que pretende difundir o patrimonio cultural do Concello de Vigo a través de itinerarios guiados, á vez que se fomentan hábitos saudables e deportivos, de práctica sinxela e extensiva ao conxunto da poboación, como poden ser camiñar ou andar en bicicleta. Por outra banda, tamén se procura que a cidadanía participe en accións cívicas e de socialización, especialmente as vencelladas á identidade coa cidade e co municipio.
Despois do éxito alcanzado pola primeira das actividades do programa, que se desenvolveu no Centro de Vigo, particularmente no Casco Vello, ponse en marcha unha segunda actividade. Esta actividade, a diferencia da primeira que tiña que ver con lembrar e coñecer a historia da cidade, pretende amosarlle aos vigueses e viguesas o entorno natural da cidade onde viven mediante un percorrido cultural-ambiental a pé pola senda do río Lagares.
Este percorrido terá lugar o vindeiro domingo 16 de setembro con saída dende a ponte de Samil, na desembocadura do río Lagares, ás 10:30 horas. As explicacións do itinerario correrán da conta de Alberto Gil Carrera, un especialista en xestión de humedais que é consultor ambiental da empresa Escoplanin e que está moi vinculado ao grupo Erva. O percorrido, que ten unha duración aproximada de 3 horas e media, alternará camiñatas con paradas para explicacións e para descansos. Ao remate desta actividade, na Avenida de Madrid, a empresa Vitrasa porá a disposición dos visitantes un autobús, para facilitarlles o retorno, con paradas na Praza de España, Praza de América, Aenida Castelao e ponte de Samil.
Aquelas persoas que decidan facer o percorrido deberán levar calzado e roupa cómoda , acordes co tempo e, ademáis, deben de saber que a participación é totalmente gratuíta, sen necesidade de inscripción previa, e aberta a persoas de todas as idades.